|
Loli Beloso Neira
Naceu nunha aldea da provincia da Coruña. Á idade de once meses, un 25 de xullo, estando coa súa familia na carballeira de Santa Susana, Santiago de Compostela, uns tíos que vivían en Pontevedra decidiron levala con eles para criala xa que non tiñan fillos. Parece ser que foi o seu pai adoptivo, Reimundo, quen nada máis vela quixo quedarse con ela dicindo que el non se ía de Santa Susana sen “a miña criaturiña”, que era como el lle chamaba e polo que Loli sente gran veneración e amor. Para Loli a escritura e a lectura foron unhas fieis confidentes e amigas marabillosas, dous anxos aos que podía acudir en calquer momento e situación (non a deixaban caer). Xamais se afastou delas desde o intre que chegaron á súa vida. Gustáballe moitísimo ler biografías. Lembra cando sendo pequecha e con gran sacrificio pouco a pouco se fixo cunha colección de libros que aínda conserva. Escribíalle moreas de cartas a seu pai cando este emprendera esa viaxe sen retorno. Escribíndoas sentía que estaba con el. A escritura levabaa onde ela quería. Os libros e escribir foron todo para Loli, tanto, que di que estes dous tesouros lle daban enerxía e ilusión para seguir “adiante” no camiño da vida. |
Si tu pregunta es el significado de publicar libros, o editar libros, tal vez pienses que se trata de imprimir libros. Finis Terrae ediciones me ha dado como editorial profesional, la ayuda como autor para que mi libro se publique, y llegue a las librerías. Fue complicado buscar editoriales para publicar libros, pero en Finis Terrae Ediciones la encontré.