|
Nace o 12 de marzo de 1968, no lugar de Montouto pretiño de Santa Comba, nunha casiña pequena de pedra rodeada dunha horta de maceiras, na que vivía co seu pai, súa nai e seu irmán. Ainda que quedou orfa de pai aos cinco anos, ía de cando en vez ao cemiterio e contáballe da vida. Din que herdou del a paixón polos libros e a natureza.
Criouse nunha familia de mulleres loitadoras e foi medrando entre a escola e as leiras, debullando as horas lendo os poucos libros que lle caían nas mans, e escribindo as súas propias cancións, xurdindo así a súa afección por escribir. Cando rematou o graduado escolar, debido ás poucas posibilidades, e á forma de entendela vida no rural, non puido seguir estudiando. Aos dezaseis anos casou e pronto formou una pequena granxa de vacas leiteiras. Nos anos 1989 e 1992 nacen os seus fillos Guillermo e Estefanía, e neles veu reflexadas as súas ansias de estudiar. Afeccionada a lectura, o deporte, a música e por riba de todo..., a escribir. A súa poesía é simplemente una historia de vida, que conta aos poucos o sentir dunha nena que se fixo muller medrando entre as vacas e as leiras, pero como a propia autora di “coa poesía sinto que son tan libre, que vou onde o corpo non chega.” |