Finis Terrae Ediciones
síguenos en
  • Inicio
    • QUIEN QUEREMOS SER
    • Nuestras instalaciones
  • PUBLICAR UN LIBRO
  • LIBRERÍA
  • DISTRIBUCIÓN
  • Presentaciones
    • VIDEOBOOKS

Herdeiros da miseria

Trátase dunha novela costumbrista que nos lembra situacións que poideran ser reais, dun tempo que pode parecer moi pretérito a algúns, pero que ainda non está a ser extinguido na súa totalidade.

Visita el Blog del autor
Herdeiros da miseria reflexa, as veces, situacións e imaxes que un día golpearon a retina do autor e todo iso dentro dunha trama familiar onde non so hai lugar para a desesperación, as inquinas ou as desavenencias senon tamén para o cariño e a convivencia. O lector non quedará indiferente cando lea istas páxinas. Algunhas cousas pode que lle soen, e outras, que creía esquecidas desde hai tempo, sen dúbida ningunha, volvan á súa memoria.


Biografía do autor

13,95 €

6,95 €
Picture
Constantino Cuesta Ibáñez anque naceu en Baracaldo (Biscaia) no 1959, o espíritu trashumante dos seus pais fixo que dende moi mozo se asentara en Santiago de Compostela, onde rematou os seus estudos de medicina e cirurxía no ano 1982. Durante varios anos percorre a meirande parte dos pobos e aldeas da área sanitaria circunscrita a Santiago. Nesta viaxe polo rural, ten contacto coa xente de diferentes lugares e vilas de Galicia. Ferrol, Corrubedo, Ordes, Ribeira, Santiso, Porto do Son, Melide, Noia, Tordoia, Rianxo, Trazo, Mazaricos, Arzúa, Muros, A Estrada, Portosín… e un sinfín máis de destinos caracterizados todos elos pola súa curta duración. Entre 1995 e 2006 ten unha maior adicación a escritura, sendo os días finais da súa estancia na localidade de Melide cando se xesta esta novela, a primeira publicada, mais non por iso a única. A maiores da escritura o autor está tamén volcado na pintura, tendo feitas até estas datas numerosas exposicións en Galicia. Unha mostra da súa obra pódese ver no seu blog.

Contactar
Librerías

Publicar un libro
​Valoración de obra

Trabaja con nosotros
Preguntas frecuentes
CROWDFUNDING
Legalidad
Privacidad
Síguenos:
Imagen