Finis Terrae Ediciones
síguenos en
  • Inicio
    • QUIEN QUEREMOS SER
    • Nuestras instalaciones
  • PUBLICAR UN LIBRO
  • LIBRERÍA
  • DISTRIBUCIÓN
  • Presentaciones
    • VIDEOBOOKS
Imagen

Hoxe 15% de desconto
​nos libros en galego

Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Carlos Casares Mouriño nace o 24 de agosto de 1941 en Ourense. Con tres anos, a súa familia trasladouse a Xinzo de Limia, onde o seu pai exercería como mestre. Aos once anos ingresou no Seminario ourensán, para facer os estudos eclesiásticos e formándose en Humanidades, con unha educación represiva que incluía a prohibición estrita de falar galego. Alí escomenza a súa primeira experiencia literaria, co xornal clandestino El averno. Rematou o bacharelato por libre no Instituto de Ensino Medio de Ourense. Foi a partir deste intre cando explotan as súas inquedanzas literarias, gañando un concurso de relatos, grazas ao cal coñecerá ao tamén escritor e líder galeguista Vicente Risco.
Estudia Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, na especialidade de Filoloxía Románica. Aquí foi onde entrou en contacto con Arcadio López-Casanova, e con Ramón Piñeiro, ligándose así ao núcleo da cultura galeguista e antifranquista.
Estréase como narrador publicando catro relatos na revista Grial nº 7 (1965), tres dos cales pasarán ao seu primeiro libro publicado, co título Vento ferido. En 1969 publica a súa primeira novela, Cambio en tres, de temática social de máis actualidade.
Exerce a docencia en Viana do Bolo no "Colegio Libre Asociado". Alí entra en conflito coa dirección do centro polo seu antifranquismo. É expulsado do colexio e élle prohibido exercer a docencia en toda Galicia. Estes atrancos obrígano a se desprazar a Bilbao, onde traballa durante un curso. En 1971, de volta do País Vasco, casa con Kristina Berg, establecéndose en Ourense. A súa carreira docente no ensino medio culminará como catedrático no Instituto de San Tomé de Freixeiro (Vigo) e prolongarase ata a súa morte.
Participou da política galega nos anos de transición e comezos da democracia, implicándose de xeito intenso na reivindicación da autonomía para Galicia, participando como independente, xunto a Ramón Piñeiro, nas listas electorais do PSdG/PSOE, o que o converteu en membro do primeiro Parlamento de Galicia, elixido no ano 1981. Participou na redacción e aprobación da Lei de normalización lingüística no 1983 e a lei de creación do Consello da Cultura Galega.
Durante a década de 1990, Casares viaxou por medio mundo participando en múltiples simposios e encontros.
Colaborou como articulista en xornais coma La Región, El País e fundamentalmente La Voz de Galicia.
Como biógrafo, ensaísta e editor legou monografías, artigos e entrevistas sobre autores como Curros Enríquez, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Martín Sarmiento, Ánxel Fole ou Ramón Piñeiro.
Foi elixido membro da Real Academia Galega en 1977, e presidente do Consello da Cultura Galega en 1996.
Traduciu varias obras ao galego, como El viejo y el mar (1998) do estadounidense Ernest Hemingway, El principito, e Los escarabajos vuelan al atardecer.
En 1976 obtivo o Premio da Crítica de Narrativa Galega pola súa obra Xoguetes pra un tempo prohibido, en 1996 por Deus sentado nun sillón azul, e en 2002 por O sol do verán.
Faleceu repentinamente debido a un infarto aos 60 anos, despois dun acto cultural, e en plena madurez intelectual.
A súa obra en narrativa:
  • «Vento ferido» (1967),
  • «Cambio en tres» (1969)
  • «Xoguetes pra un tempo prohibido» (1975)
  • «Os escuros soños de Clío» (1979)
  • «Ilustrísima» (1980)
  • «Os mortos daquel verán» (1987)
  • «Na marxe de cada día: follas dun diario» (1994)
  • «Deus sentado nun sillón azul» (1996)
  • «Un país de palabras» (1999)
  • «O sol do verán» (2002)
A súa obra en narrativa infantil:
  • «A galiña azul» (1968)
  • «As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas» (1973)
  • «O can Rin e o lobo Crispín» (1983)
  • «Lolo anda en bicicleta» (1996)
  • «O galo de Antioquía» (1994)
  • «Un polbo xigante» (2000)
  • «Este é Toribio» (1991)
  • «Toribio contra o profesor Smith» (1991)
  • «Toribio e o contador de contos» (1991)
  • «Toribio ten unha idea» (1992)
  • «Toribio revoluciona o tráfico» (1994).

Categorías

+ Valorados
Autoayuda
Científica
G a l e g o
Histórica
NOVELA
Novedad
Poesía
Contactar
Librerías

Publicar un libro
​Valoración de obra

Trabaja con nosotros
Preguntas frecuentes
CROWDFUNDING
Legalidad
Privacidad
Síguenos:
Imagen