Finis Terrae Ediciones
síguenos en
  • Inicio
    • QUIEN QUEREMOS SER
    • Nuestras instalaciones
  • PUBLICAR UN LIBRO
  • LIBRERÍA
  • DISTRIBUCIÓN
  • Presentaciones
    • VIDEOBOOKS
Imagen
Pincha sobre a imaxen para ler
as primeiras páxinas.
16,95 €
LIBRO + ENVIO

Imagen
6,95 €
Escombros
moitos escombros


​Corren tempos difíciles: a guerra destrúe o país. As ruínas, o abandono, a fame e a soidade dominan os lugares e ás xentes; pero quedan un serradoiro, un refuxio, dous fuxitivos, recordos e a loita por escribir e contarlle ao futuro cales son as súas orixes.


Una historia de fuxidas,
de vidas rotas
e de encontros.
Imagen
Pepe Peinó

Nacido en Lugo o 27 de outubro de 1960. Estudou Maxisterio en Lugo e cursou o doutorado en Ciencias da Educación pola UNED. Actualmente é profesor de Ciencias Sociais, Xeografía e
Historia no IES Alfoz-Valadouro, en Alfoz. Como autor teatral escribiu máis de cincuenta obras cómicas de teatro, que se representaron en concellos da Mariña Lucense. Dirixiu o Grupo de Teatro do Instituto Alfoz-Valadouro, gañador de diversos certames de teatro, e ao Grupo de Teatro Xuvenil A Maseira dos concellos de Alfoz e O Valadouro. É membro fundador do Grupo Teatral Raiolas de Alfoz, que durante máis de 10 anos representou obras en Lugo e Asturias, participando tamén como actor. É membro fundador e actor do Grupo Humorístico Trípode. Igualmente, actuou co Grupo Teatral O Centiño, de San Martiño (Foz). En canto ó cine, leva dirixidas máis de dez películas. Co instituto Alfoz-Valadouro dirixiu Malos tempos, película gañadora do Primeiro Certame Ouff Escola, no Festival Ourencine de Ourense. Obtivo varios premios no Certame de Cine do Instituto Monte Carrasco de Cangas de Morrazo. A súa última película Tristeza na herba, proxectouse en varios concellos da Mariña Lucense durante o ano 2015. Dirixiu e presentou o programa Parolando durante máis de oito anos, nas emisoras Radio Valadouro e Radio Burela. Colaborou en diversos certames culturais celebrados na Mariña Lucense, como a Feira do Libro de Burela, diversas galas musicais ou presentacións de libros. Escribe dende moi novo novela, ensaio e poesía, pero este é o seu primeiro libro.

Si tu pregunta es el significado de publicar libros, o editar libros, tal vez pienses que se trata de imprimir libros. Finis Terrae ediciones me ha dado como editorial profesional, la ayuda como autor para que mi libro se publique, y llegue a las librerías. Fue complicado buscar editoriales para publicar libros, pero en Finis Terrae Ediciones la encontré.
Contactar
Librerías

Publicar un libro
​Valoración de obra

Trabaja con nosotros
Preguntas frecuentes
CROWDFUNDING
Legalidad
Privacidad
Síguenos:
Imagen